Nómades dixitais (Teletraballadores de carácter internacional)

Poden solicitar unha residencia por teletraballo de carácter internacional aqueles estranxeiros non UE para exercer unha actividade laboral ou profesional a distancia para empresas radicadas fóra do territorio nacional, mediante o uso exclusivo de medios e sistemas informáticos, telemáticos e de telecomunicación.

No caso de exercicio dunha actividade laboral, o titular da autorización por teletraballo de carácter internacional só poderá traballar para empresas radicadas fóra do territorio nacional.

No suposto de exercicio dunha actividade profesional, permitirase ao titular da autorización por teletraballo de carácter internacional traballar para unha empresa situada en España, a condición de que a porcentaxe deste traballo non sexa superior ao 20% do total da súa actividade profesional.

Requisitos

  • Acreditación de ser graduados ou postgraduados de universidades de recoñecido prestixio, formación profesional e escolas de negocios de recoñecido prestixio ou ben cunha experiencia profesional mínima de tres anos.
  • Existencia de actividade real e continuada por parte da empresa coa que contrate o solicitante.
  • Documentación acreditativa de que a relación laboral ou profesional se pode realizar en remoto.
  • Acreditación de que a relación laboral ou profesional entre solicitante e traballador existe dende polo menos tres meses, así como documentos que acrediten os termos e condicións da actividade a distancia.

Tipos de permisos e duración

Visado: cando o solicitante se atopa fóra de España, obterá un permiso para, se o desexa, residir e traballar en todo o territorio nacional. O prazo de duración do permiso é de 1 ano, salvo que o período de traballo sexa inferior, nese caso o visado terá esa mesma duración.

Transcorrido o ano, debe solicitar unha autorización de residencia

Autorización de residencia: cando o solicitante se atopa legalmente en España, obterá un permiso de 3 anos para, se o desexa, residir e traballar en todo o territorio nacional.

Onde presentar a solicitude de residencia?

  • Visado: Nas Misións Diplomáticas e Oficinas Consulares. Embaixadas e Consulados Embajadas y Consulados
  • Autorización de residencia: na Unidade de Grandes Empresas e Colectivos Estratéxicos. UGE-CE