Programa de Residencia para Investidores e Emprendedores (PRIE). Atracción de talento, investimento e emprendimiento estranxeiro

O 27 de setembro de 2013 aprobouse a Lei de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, que introduciu un novo marco para a inmigración cualificada, que favorece a mobilidade internacional de profesionais altamente cualificados e que ten a intención de atraer o talento e o investimento estranxeiro.

Normativa

O programa establece un sistema áxil e específico de concesión de visados ou autorizacións de residencia, preservando as garantías que resultan esenciais para a seguridade da nosa sociedade, cos seguintes obxectivos:

  • Fomentar a cultura emprendedora e crear unha contorna favorable á actividade económica.
  • Facilitar a entrada de talento e de investimento co fin de favorecer o crecemento económico e a creación de emprego.

Para iso, a Lei facilita a entrada e residencia en España, por razóns de interese económico, das seguintes categorías: