Compartir
Información Xeral
Tipos de permisos
- Visado: cando o solicitante se atopa fóra de España.
- Autorización de residencia: cando o solicitante se atopa legalmente en España.
Duración dos permisos
- Visado: 1 ano, transcorrido o cal deben solicitar unha autorización de residencia.
- Autorización de residencia: 3 anos.
Onde presentar a solicitude de residencia?
- Visado: Nas Misións Diplomáticas e Oficinas Consulares. Embaixadas e Consulados.
- Autorización de residencia: na Unidade de Grandes Empresas e Colectivos Estratéxicos. UGE-CE
Documentos necesarios
- Documentos xerais:
- Pasaporte ou NIE. O solicitante debe ser maior de 18 anos.
- Seguro médico público ou privado.
- Certificado de antecedentes penais. Carecer de antecedentes penais en España e nos países onde se residiu nos últimos 5 anos.
- Acreditación dos medios económicos suficientes para si e para os membros da súa familia durante o seu período de residencia en España.
- Documentos específicos de cada categoría:
Consultar cada categoría.
Quen presenta a solicitude?
- No caso de investidores e emprendedores, o interesado ou un representante debidamente acreditado.
- En el caso de profesionales altamente cualificados, formación e I+D+i y traslado intraempresarial, la entidad jurídica que quiera contratar al extranjero.
Pódese renovar?
Poderase solicitar a renovación dunha autorización de residencia, sempre que se manteñan as condicións iniciais, por período de:
- Cinco anos para a categoría de investidor.
- Dous anos para o resto das categorías.
Poden acompañar os familiares?
Os familiares poderán solicitar, de forma simultánea ou sucesiva, o visado ou autorización de residencia:
- O cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade.
- Fillos menores de idade ou maiores que dependan economicamente do titular e que non constituísen por si mesmos unha unidade familiar.
- Ascendientes a cargo.
Vantaxes
O beneficiario dos permisos obtidos baixo a Lei 14/2013, e os seus familiares poderán:
- Traballar e residir en todo o territorio nacional.
- Non se aplica a Situación Nacional de Emprego.
- A presentación da solicitude de autorización de residencia ou de renovación ante a UGE-CE prorroga automaticamente a vixencia da situación de residencia ou estadía da que fose titular.
- Prazos máis rápidos para resolver:
- Visados: 10 días hábiles
- Autorizacións de residencia: 20 días hábiles